Benvid@s ao sitio web do C.R.D. de Mos

    O Centro de Recursos de COGAMI-Mos, preséntase como un recurso para a integración das persoas con discapacidade na Provincia de Pontevedra. Depende directamente de COGAMI, e coordina e complementa os recursos da entidade e das asociacións membro da estructura asociativa que a conforma.

    O Centro de Recursos de COGAMI-MOS pretende dar resposta ás necesidades e demandas dos/as usuarios/as da entidade recollidas a través dos seus servizos. Coordinadamente cas entidades, ás coordinacións de áreas como o SIL( Servizo de Intermediación Laboral), o departamento de Traballo Social, etc planifícanse as accións encamiñadas as solucións das necesidades detectadas . Hoxe, COGAMI ten recollidos na área de Vigo, mais de 4500 demandantes de servizos, fundamentalmente a través do departamento de Formación e Emprego.

    Servicios como a Información e Asesoramento, Formación, Terapia Ocupacional, Apoio Psicolóxico, Fisioterapia, Accesibilidade, Transporte adaptado, Voluntariado, Ocio e tempo libre, forman parte do catálogo de servicios do centro.

    Tenda online de Artasanía do CRD de Mos

    Comentarios pechados.