Arquivos mensuais: Abril 2011

    Pasiño a pasiño COGAMI foi facendo o camiño

    27 Abril, 2011  |  Actualidade  |   mos

    O pasado 12 de Abril, os usuarios do CRD-Mos comenzaron a súa épica aventura polo camiño de Santiago. Dende Arzúa partiron na súa viaxe os 16 usuarios, 5 profesionais, 4 volunarios e 1 acompañante que durante 4 días foron atravesando bosques, carreteras, ríos, pedras, buracos… ata chegar a Catedral, completando así os 40 km que os separaba do seu destino.

    Seguir

    No Pisiño – Ano 2010

    15 Abril, 2011  |  Fotografía  |   alumnos1

    Cursos AFD

    14 Abril, 2011  |  Fotografía  |   alumnos1

    Saída o Cine

    12 Abril, 2011  |  Fotografía  |   alumnos1

    Taller de coiro no centro comercial

    6 Abril, 2011  |  Vídeo  |   alumnos2

    Preparación do carnaval pirata

    6 Abril, 2011  |  Vídeo  |   alumnos1

    Carnaval pirata

    6 Abril, 2011  |  Actualidade  |   alumnos1

     

    O pasado 4 de Marzo l@s usuari@s do C.R.D. COGAMI-MOS participaron, por segundo ano consecutivo, na festa de carnaval celebrada polo Concello de Mos no polideportivo As Pozas deste mesmo municipio, á que foron invitados a través da concexalía de Cultura, da mesma forma que outras entidades de arredores.

    Esta vez, preto de 30 membrosdo grupo  disfrazáronse de piratas, con atavíos  realizados por eles mesmos nun dos talleres do centro, organizado para a ocasión. Nel, tamén tivo lugar a elaboración dunha “copla pirata”, inspirada nun poema de Espronceda, nunha cancion de Joaquín Sabina, outra de Melendi, e unha retahíla infantil.

    O acto transcorreu de tarde e, segundo moitos dos asistentes, “estivo entretenido e divertido”. Primeiro fixose un desfile, onde moitos espontáneos tiveron a oportunidade de lucir os seus estupendos disfraces e mostrar a súas mellores poses. Deseguido, a nosa tripulación deleitou a todo o público alí presente coa súa ”copla pirata”, guiados polo capitán “Ivan o terrible”. E despois, aínda quedou tempo para gozar en boa compañía compartindo musica, baile e un gustoso refrixerio, como obsequio a todas as persoas alí presentes. 

    Seguir

    Carnaval en Ribadelouro

    6 Abril, 2011  |  Actualidade  |   alumnos2

     

    Os carnavais de 2011 trouxeronnos unha novedade, é que os usuari@s de Vontade e Cogami-Mos tamén celebraron as festas tan señaladas xuntos. O día 7 de Marzo, ambas entidades uniron esforzos para celebrar outra orixinal “xuntanza” de carnaval. O lugar escollido foi a Casa Cultural de Ribadelouro, local amablemente cedido poe esta parroquia do Concello de Tui. Seguir

    3ª Edición “Quérote+” no C.R.D-Mos

    6 Abril, 2011  |  Actualidade  |   alumnos3
    Por terceiro ano consecutivo, e en colaboración co centro QUÉROTE+, quince de l@s usuari@s de Cogami-Mos foron beneficiari@s do desenvolvemento dun novo Programa de Afectividade e Autocoñecemento, a petición de tod@s l@s que tiveran a oportunidade de participar en convocatorias anteriores.

    Grupo de usuarios del C.R.D-Mos en las charlas de Quérote

    Esta vez, os contidos distribuíronse en catro sesións, comprendidas entre o mércores 16 de Marzo e o Luns 4 de Abril, que tiveron lugar nas instalacións da E.D.D. (Escola do Día a Día) pertence a entidade de Mos. E as xornadas de formación leváronse a cabo unha vez por semana con 2 horas de duración e, ao finalizar cada sesion, deixouse un espazo de tempo para atender casos individuais.
    Os temas tratados, de forma mais ou menos directa, foron os seguintes:
    16 de Marzo, Gústate: sobre os coñecementos previos sobre sexualidade adquiridos en intervencións anteriores; os modelos sociais de estética e imaxe; a autoestima; e a minusvalidez e o éxito social.
    23 de Marzo: Relaciónate: tratáronse os temas de relacións coa sociedade: espazos, tipos; as novas tecnoloxías e ferramentas de relación; as habilidades sociais e a asertividad nas relacións persoais.
    30 de Marzo: Hábitos saudables: afondouse en que son “hábitos saudables”; pero tamén se abordaron emocións; e o exercicio como posibilidade e non limitación.
    4 de Abril: Saíndo á rúa: nesta última sesión abordouse a temática da sexualidade e a minusvalidez, así como as habilidades sociais.
    E, a pesar de non ter aínda os resultados da valoración formal, resulta evidente que, unha vez máis, o programa foi do agrado dos asistentes; debendo facer destacar ou dinamismo, naturalidade e bó humor dá responsable do mesmo este ano.
     

    Seguir