Arquivos mensuais: Xaneiro 2012

    A DEPUTADA PROVINCIAL DE BENESTAR VISITA AS INSTALACIÓNS QUE TEN COGAMI EN MOS

    27 Xaneiro, 2012  |  Actualidade  |   mos
    •  COGAMI achegoulle o interese en que a Deputación continúe apoiando economicamente os programas que desenvolve na provincia
    • ¨  350 persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra beneficiáronse o ano pasado dos programas que subvenciona a Deputación Seguir

    Si Radio Porriño entrevista a tres usuarios de Cogami-Mos

    21 Xaneiro, 2012  |  Actualidade  |   mos

    A pasada semana 3 usuarios de Mos (Ivan, Avelino e Rosa) foron entrevistados nunha cadea de radio en Porriño (Si Radio). Falaron sobre as suas experiencias no proxecto “Escola do Dia a Dia” (Pisito). A continuación os deixamos o enlace do programa.

    http://www.archive.org/download/EntrevistaAUsuariosDeCogamiSobreOProgramaoPisitoRosaAveEIvn/
    EntrevistaAUsuariosPisitoCogamiMosRosaAveIvn12-01-12.mp3

    iniciamos o taller de radio

    17 Xaneiro, 2012  |  Actualidade  |   mos

    Hoxe, os alumnos de Mos empezaron un taller de radio. As clases impartiranse todos os martes dende Xaneiro ata Xullo.

    voltamos coas forzas renovadas

    16 Xaneiro, 2012  |  Actualidade  |   mos

    Hoxe empezamos un novo curso en  Cogami. Tralas vacacións do Nadal, os usuarios de Mos voltaron as clases cargados de enerxía. O 2012 preséntase con novas propostas, entre elas: actividades de tenis adaptado, axedrez, taller de radio…

    

    ¡Imos ó cine!

    16 Xaneiro, 2012  |  Actualidade  |   mos

    Despois de decidir qué película iamos mirar chegou o día e os usuarios do C.R.D. Mos fomos o C.C. Gran Vía para ir ó cine. Ó chegar fixemos a compra, estivemos mirando as tendas e despois de xantar tomamos un cafeciño, e… ¡chegou a hora da pelicula!

    Seguir

    De sendeiro ás Pedriñas

    13 Xaneiro, 2012  |  Actualidade  |   mos

    Todos os usuarios do C.R.D. Mos fumos de caminata polo sendeiro ata chegar ó merendeiro as Pedriñas, custounos chegar pero unha vez alí disfrutamos da natureza, xantamos, rimos, bailamos…¡Todolos ingredientes dunha boa excursion!

    Seguir

    UNA PALOMA

    11 Xaneiro, 2012  |  Relatos e poesía  |   mos

    UNA PALOMA

    Quisiera  ser  Paloma Mensajera

    que todos los días

    de tu vida

    bien la  recibieras

    contento y alegre Tu

    estuvieras

    tan pronto

    como Tu a mi me vieras

    Cuca Paloma

    Pasando o día no Centro Social As Pedriñas

    11 Xaneiro, 2012  |  Actualidade  |   mos

    No verán do 2011 tamén pasamos un día moi entretenido no Centro Social As Pedriñas de Tameiga, alí puidemos facer de todo: descansamos na herba, bañámonos e nadamos na piscina, comemos xuntos cun postre moi apetitoso e logo fixemos exercicio xogando ó tenis nas pistas do centro.

    Seguir

    Día de praia no Vao

    9 Xaneiro, 2012  |  Actualidade  |   mos

    Os usuarios do C.R.D. Mos pasaron un bó e divertido día de praia, antes de que rematara o verán. Fumos a praia do Vao e descansamos ó sol, bañamonos no mar, aínda que a auga estaba un pouco fria, e o rematar a xornada tomamos un xeado e un refresco todos xuntos.

    Seguir

    Beba Coca-cola

    6 Xaneiro, 2012  |  Relatos e poesía  |   mos

    Páxina 1 de 212