Arquivos mensuais: Setembro 2013

    Regata Corte Inglés

    30 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    O pasado 14 de Setembro o CRD Mos participou na proba náutica do Corte Inglés celebrada nas augas do Real Club Náutico de Sanxenxo.

    Os participantes puideron disfrutar dunhas clases teóricas impartidas polos monitores do club náutico. O rematar fíxose entrega de premios e diplomas ós participantes.

    Terapia asistida con cans

    30 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    O pasado 18 de xuño no CRD. Mos recibímo-la visita do persoal da asociación Ramalladas cun dos cans que teñen adestrados para facer unha sesión de terapia.

    Síntome ben

    26 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    No CRD. Mos temos un servizo de mantenemento de saúde. Por iso dúas veces o ano acudimos ó servizo de asesoramento nutricional ” Síntome ben” do Concello de Vigo.

    Así, o pasado 23 de Xullo acudimos a praia de Samil, en Vigo, onde os responsables do programa “Sintome ben” fixéronnos unha serie de medicións: peso, talla, IMa, porcentaxe de graxa e de auga.

    A única desvantaxe que atopamos foi que a máquina de medición non é accesible para usuarios en cadeiras de rodas. Pero, si que teñen acceso ó resto de actividades do programa (charlas, receitas, …)

    Para rematar o día fomos xantar e pasar unha tarde de praia no Vao.

    Coñecendo as enerxía renovables

    23 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    O pasado 18 de xullo, os usuarios do CRD.Mos fomos a unha exposición itinerante de Repsol, na cidade de Vigo.

    A visita incluía varias actividades didácticas: videos explicativos, charlas e varios xogos virtuais. Todo co obxectivo de dar a coñecer os diferentes tipos de enerxías renovables e os seus usos.

    Xornada a bordo do Laión

    23 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    Unha vez máis, os usuarios do CRD.Mos o pasdo 16 de xullo, tivemos a oportunidade de disfrutar dun paseo pola Ría de Vigo a bordo do veleiro Laión.

    Distribuímonos en dous grupos, facendo uns o paseo pola mañá e outros pola tarde; aproveitando o resto do día na praia.

    Charla sobre educación vial

    23 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    O pasado 4 de xullo os usuarios do CRD.Mos recibimos a visita de dous policías locais do Concello de Vigo.

    O motivo desta visita foi dar a coñecer as normas básicas de seguridade vial. Ensináronnos a distinguir os sinais de tráfico e déronnos varios consellos a ter en conta, tanto como conductores coma peatóns

    Xornada de praia

    23 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    Os usuarios do CRD. Mos disfrutaron o 2 de xullo dun dia de praia en Samil. Coa colaboración da Cruz Vermella e voluntarios, os usuarios en cadeiras de rodas puideron meterse na auga grazas as sillas anfibias que lles facilita andar pola area.

    Xornada en As Pedriñas

    12 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    Aquí tedes unha mostra máis das actividades de lecer que facemos no CRD. Cogami-Mos. ¡Qué mellor que unha xornada de piscina no Centro Cultural As Pedriñas!. Un plan perfecto para disfrutar do bo tempo que tivemos o pasado 9 de xullo.

    Paseo pola ruta do Lagares

    12 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    O 11 de xullo os usuarios do CRD de Mos iniciamos o día  cunha camiñata polo paseo que segue o curso do Río Lagares en Vigo. Nos fixemos o tramo dende Balaídos ata a Praia de Samil.

    Ó mediodía chegamos a praia, onde xantamos. A pesar de que o tempo non acompañou demasiado pasamos a tarde na praia.

    Celebración do fin de curso

    9 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    O pasado 30 de xullo os usuarios, traballadores e voluntarios do CRD. Mos celebramos o remate do curso cunha festa para dar comenzo as vacacións.

    Disfrutamos dunha mañá de sol e piscina no Centro Cultural As Pedriñas. Continuamos cunha churrascada nas instalacións de Doral Residencias. E rematamos o día outra vez na piscina.