Arquivos mensuais: Setembro 2014

    SENDEIRISMO ADAPTADO

    10 Setembro, 2014  |  Actualidade  |   nuri

    A Federación de Cogami Pontevedra, a través do programa PENSA EN TI vai a levar a cabo a actividade de SENDEIRISMO ADAPTADO.

    Este programa vai dirixido a mulleres en xeral (tanto usuarias como non usuarias de Cogami), pero en caso de non cubrir as 15 prazas necesarias tamén se poden incorporar outras persoas.

    Os roteiros que percorremos serán accesibles de xeito que poidades participar todas aquelas persoas con ou sen mobilidade reducida.

    Buscamos persoas que queiran pasar unha tarde diferente ó aire libre, coñecendo o medio natural, o noso contorno e a compañía doutras persoas.

    DATAS: VENRES de 16:30 – 19:30 h

    INICIO: 19 de SETEMBRO

    CUSTE: A actividade ten un custe de 6€  en total

    Agardamos que vos animedes a participar. Inscríbite canto antes !!

    INSCRICIÓNS E/OU MÁIS INFORMACIÓN:

    Traballo Social Cogami Vigo

    (Merchi / Xiana) 986 281 893