Arquivos mensuais: Xullo 2015

    O CRD Mos disfruta do Programa de Lecer Naútico

    15 Xullo, 2015  |  Actualidade  |   nuri

    Chega o bo tempo e no CRD Mos é momento de disfrutar do lecer. Outro ano máis, e xa é o terceiro con éste, os usuarios e profesionais do CRD Mos participarón na actividade de Lecer Náutico que se celebra no Real Clube Naútico de Sanxenxo entre os meses de Maio, Xuño e Setembro.

    A Área de Lecer de COGAMI deu continuidade ao “Programa de Lecer Náutico”, iniciado no ano 2013 en colaboración co Real Club Náutico de Sanxenxo e a Fundación Mapfre co obxectivo de achegar o deporte náutico da vela ás persoas con discapacidade. Este programa inclúe a estancia na residencia de AIXIÑA en Sanxenxo, o que permite o desenvolvemento dun  curso de vela en horario de mañá e a posibilidade de organizar diferentes actividades en horario de tarde para as persoas usuarias.

    Esta actividade permite ter unha programación combinada que inclúe vacacións, lecer e deporte nunha mesma oferta.

    IPF