Arquivos mensuais: Outubro 2015

    Exposición “SINERGIAS: La energía del Camino transformada en arte”

    28 Outubro, 2015  |  Actualidade  |   nuri

     

     

     

     

     

    Dende o colectivo “Los atrapasueños” do Centro de Recursos para persoas con Discapacidade de COGAMI-Mos temos o pracer de convidarvos ao acto de inauguración da exposición “SINERGIAS: La energía del Camino transformada en arte”, que temos programado para este venres 30 de outubro de 2015, ás 19h., no Centro Comercial A Laxe (Zona portuaria – C/Cánovas del Castillo, Nº1. 36.202 – VIGO).

     

    O obxectivo do noso traballo consiste en amosar a nosa nova obra artística, na que plasmamos as emocións e experiencias vividas no Camiño de Santiago, á vez que pretendemos facer visualizar outras vivencias, fantasías e ilusións tamén compartidas nel.

     

    A exposición permanecerá aberta a diario do 30 de outubro ao 13 de novembro.