Arquivos mensuais: Decembro 2016

    COGAMI e o obradoiro de emprego”Vigo Prepara” realizaron unha visita de promoción turística a un entorno da cidade de Vigo

    5 Decembro, 2016  |  Actualidade  |   nuri

    O pasado venres, 2 de decembro, coincidindo co Día Internacional da Persoas con Discapacidade, as persoas usuarias da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI-Mos e Vontade) e o grupo de 15 promotores turísticos locais que se están formando no obradoiro de emprego “Vigo Prepara”, realizaron unha visita de promoción turística a un entorno accesible de Vigo.

    Participaron nunha ruta partindo da ermida de Bouzas, para logo percorrer  parte do paseo marítimo, un entorno escollido polo seu alto valor turístico.  A preparación da visita por parte dos promotores turísticos fíxose tendo en conta os conceptos de deseño universal, é dicir, conta cunha accesibilidade orientada a todas as persoas.

    Ó rematar a visita tod@s disfrutamos do xantar nas novas instalacións de Cogami-Mos.