A Federación de Pontevedra dispón de plataforma en internet

    Sin comentarios
    27 Decembro, 2010  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: mos

    Xa poden ser difundidos a través da rede os traballos que realizan tanto os usuarios e usuarias do centro de recursos de Mos como os que acoden a calquera das entidades que forman parte da Federación COGAMI Pontevedra.

    Isto é posible a través da nova plataforma dixital que acaba de estrear a Federación de Pontevedra e que pon a disposición dos seus asociados.

    Alumno do curso

    Esta plataforma, cuxo enderezo é: http://mos.cogamipontevedra.org, fíxose posible a través dunha axuda que concedeu a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade de información en Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza.

    Para manexar correctamente esta nova plataforma, o centro de recursos de Mos impartiu aos usuarios un curso de novas tecnoloxías.

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.