“Ponte no meu lugar”

    Sin comentarios
    15 Maio, 2018  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: nuri

    O luns 14 de maio de 2018 levouse a cabo no CEIP Parada Campañó, Pontevedra unha xornada de sensibilización que contou coa participación de Aceesca, COGAMI, Amencer e Asem para a realización de diferentes actividades no eido da discapacidade física, cognitiva e intelectual.

    COGAMI, a través de”Ponte no meu lugar” para alumnos dende 3 ata 11 anos, realizaron as actividades en diferentes grupos onde descubriron as dificultades que atopan os usuarios de cadeira de rodas día tras día.

    Xornada interesante de reflexión e concienciación para nenos, e tamén profesores, os cales quedaron con ganas de repetir.

     

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.