Actualidade

    Xornada de praia

    23 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    Os usuarios do CRD. Mos disfrutaron o 2 de xullo dun dia de praia en Samil. Coa colaboración da Cruz Vermella e voluntarios, os usuarios en cadeiras de rodas puideron meterse na auga grazas as sillas anfibias que lles facilita andar pola area.

    Xornada en As Pedriñas

    12 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    Aquí tedes unha mostra máis das actividades de lecer que facemos no CRD. Cogami-Mos. ¡Qué mellor que unha xornada de piscina no Centro Cultural As Pedriñas!. Un plan perfecto para disfrutar do bo tempo que tivemos o pasado 9 de xullo.

    Paseo pola ruta do Lagares

    12 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    O 11 de xullo os usuarios do CRD de Mos iniciamos o día  cunha camiñata polo paseo que segue o curso do Río Lagares en Vigo. Nos fixemos o tramo dende Balaídos ata a Praia de Samil.

    Ó mediodía chegamos a praia, onde xantamos. A pesar de que o tempo non acompañou demasiado pasamos a tarde na praia.

    Celebración do fin de curso

    9 Setembro, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    O pasado 30 de xullo os usuarios, traballadores e voluntarios do CRD. Mos celebramos o remate do curso cunha festa para dar comenzo as vacacións.

    Disfrutamos dunha mañá de sol e piscina no Centro Cultural As Pedriñas. Continuamos cunha churrascada nas instalacións de Doral Residencias. E rematamos o día outra vez na piscina.

    Navegando e disfrutando por Sanxenxo

    22 Xullo, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    Os usuarios do CRD Mos foron unha semana de vacacions a Sanxenxo para disfrutar da actividade naútica que organizou COGAMI grazas a Fundación MAPFRE e o Real Club Naútico de Sanxenxo.

    Estiveron navegando durante duas horas de luns a venres onde puideron aprender nas clases teoricas todo o relacionado coas partes do barco, os tipos de vela, tipos de nós etc.

    Durante a sua estancia tamén disfrutaron de tempo libre onde se puideron acercar a praia do Silgar, bañarse na piscina da residencia AIXIÑA, sair en catamaran pola Ria de Pontevedra entre outras actividades.

    Visita de Roi Vidal, fillo de Roberto Vidal Bolaño (Letras Galegas 2013)

    13 Xuño, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    Os usuarios do C. R. D- Mos tivemos o pracer de coñecer a Roi Vidal Ponte, fillo dun famoso dramaturgo galego, Roberto Vidal Bolaño o cal lle adicaron o día das Letras Galegas 2013. Falounos da vida do seu pai, e das súas obras con un contido carnavalesco. Díxonos que a súa intención é escribir un libro sobre a vida do seu pai.

    Diversión na Party Net 2013

    30 Maio, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    A Party Net é unha festa a cal acudimos todos os anos os usuarios de Cogami. Os días 10 e 11 de Maio estivemos no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela para disfrutar das actividades que alí se viviron. Coñecemos xente, fixéronnos moitos agasallos e poidemos gozar de moitas actividades como por exemplo taller de maquillaxe, taller de ciencias, scalextric, videoxogos… En difinitiva pasamos dous estupendos días que esperamos repetir o próximo ano.

     

    O CRD-Mos conquista Santiago

    21 Maio, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    O pasado mércores, un grupo de persoas con discapacidade  usuarias do Centro de Recursos de la Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) en Mos, chegaron a Santiago despois de percorrer un tramo do camiño de Santiago dende Lestedo e despois de percorrer 71 Km repartidos en 4 etapas, lograron chegar a praza do Obradoiro compostelán. Seguir

    A accesibilidade universal como oportunidade de negocio

    21 Maio, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    CURSO ACCESIBILIDADE UNIVERSAL

    CURSO DE ACCESIBILIDADE UNIVERSAL COMO OPORTUNIDADE DE NEGOCIO (20 h)

    ¡¡AMPLIACIÓN DO PRAZO!! ¡¡CAMBIO NAS DATAS DO CURSO!!

    Este curso vai dirixido especialmente para o sector empresarial, aínda que está aberto para toda persoa interesada.

    Prazo de inscrición: 24 de maio de 2013 ás 13.30h (admitiranse as inscricións logo da data, sempre e cando non se cobran as prazas previstas)

    Datas, horarios e lugar de do curso:

    Casa da Cultura de Boiro, nas datas 3, 4, 5 e 6 de xuño de 2013 en horario de 9.00 a 14.00 h.

    Documentación:

    23.04.2013 BASES DO CURSO “A ACCESIBILIDADE UNIVERSAL COMO OPORTUNIDADE DE NEGOCIO”

    FICHA DE INSCRICIÓN AO CURSO “ACCESIBILIDADE UNIVERSAL..”CARTEL 2

    La semana pasada tuvo lugar la I Jornada sobre accesibilidad universal en el turismo

    21 Maio, 2013  |  Actualidade  |   nuri

    Turismo Rías Baixas tiene entre sus principales ejes de actuación el  desarrollar productos específicos para el turismo accesible e incorporar la perspectiva “accesible” en todos los productos posibles. Las personas con discapacidad representan casi el 10 % de la población europea y hacer accesible un destino es una de las tareas más importantes que se deben desarrollar.

    Por todo ello, Turismo Rías Baixas convocó a todos los agentes implicados en el sector turístico a las I Jornadas sobre Accesibilidad Universal en el Turismo que tuvo lugar en el Centro Príncipe Felipe de Pontevedra los pasados días 13, 14, 15 y 16 de mayo.

    Descarga el programa

    Páxina 10 de 20« Primeira...89101112...20...Última »