Actualidade

    Hospital pantasma.

    5 Febreiro, 2016  |  Actualidade, Relatos e poesía  |   nuri

    Esta triste e apagado coma tamén desolado,sen os berros e choros ,mais asemellan

    escoitarse aínda os ecos,do hospital que agora esta moi lonxe, de algún día volveres

    a selo.

    Sen ledicias e tristuras, esta triste e escuro so quedan os ecos ,coma tamén un

    par de empregados.

    Xa non hai alborozo dos doentes,de enfermeiros ,nin dos médicos.

    So hai alboroto das máquinas .E mentres os novos invasores do hospital

    pantasma que somos os que aínda  o mantemos en pé.

    Axiña so vai ver a vida das ratas e as arañas.

     

    Rosa Sanmartín Campos.

     

    CRD-Mos Cuando me siento bien

    23 Decembro, 2015  |  Actualidade, Vídeo  |   nuri

    Cuando me siento bien…

    Festa de nadal no CRD-Mos

    23 Decembro, 2015  |  Actualidade, Vídeo  |   nuri

    O día 22 de Decembro o CRD de Mos celebrou a súa festa de Nadal.

    Nesta celebración tiveron lotería, agasallos, Papa Nöel, teatro e comida; todos os ingrediente necesarios para disfrutar do Nadal.

     A obra de teatro dos usuarios parodiaba o negocio das farmaceúticas. Na lotería os gañadores foron piropeados por todos os seus compañeiros e por se isto non fose agasallo dabondo, Papa Nöel repartiu entre todos os asistentes os seus regalos. A festa alargouse ata a tarde con baile e música para desfrute de usuarios e profesionais.

     En con isto remata o ano, agora unhas merecidas vacacións antes de regresar o “traballo” con novo centro e enerxías renovadas para usuarios e profesionais.

     

    Sinergias permanecerá abierto hasta el próximo viernes 27 de Noviembre

    19 Novembro, 2015  |  Actualidade  |   nuri

    No os perdais la oportunidad de ver la exposición del grupo “Los atrapasueños” situada en el Centro Comercial A Laxe.

    Aun estais a tiempo ya que no cerrramos  hasta el próximo viernes 27 de Noviembre.

    Exposición “SINERGIAS: La energía del Camino transformada en arte”

    28 Outubro, 2015  |  Actualidade  |   nuri

     

     

     

     

     

    Dende o colectivo “Los atrapasueños” do Centro de Recursos para persoas con Discapacidade de COGAMI-Mos temos o pracer de convidarvos ao acto de inauguración da exposición “SINERGIAS: La energía del Camino transformada en arte”, que temos programado para este venres 30 de outubro de 2015, ás 19h., no Centro Comercial A Laxe (Zona portuaria – C/Cánovas del Castillo, Nº1. 36.202 – VIGO).

     

    O obxectivo do noso traballo consiste en amosar a nosa nova obra artística, na que plasmamos as emocións e experiencias vividas no Camiño de Santiago, á vez que pretendemos facer visualizar outras vivencias, fantasías e ilusións tamén compartidas nel.

     

    A exposición permanecerá aberta a diario do 30 de outubro ao 13 de novembro.

    O CRD Mos disfruta do Programa de Lecer Naútico

    15 Xullo, 2015  |  Actualidade  |   nuri

    Chega o bo tempo e no CRD Mos é momento de disfrutar do lecer. Outro ano máis, e xa é o terceiro con éste, os usuarios e profesionais do CRD Mos participarón na actividade de Lecer Náutico que se celebra no Real Clube Naútico de Sanxenxo entre os meses de Maio, Xuño e Setembro.

    A Área de Lecer de COGAMI deu continuidade ao “Programa de Lecer Náutico”, iniciado no ano 2013 en colaboración co Real Club Náutico de Sanxenxo e a Fundación Mapfre co obxectivo de achegar o deporte náutico da vela ás persoas con discapacidade. Este programa inclúe a estancia na residencia de AIXIÑA en Sanxenxo, o que permite o desenvolvemento dun  curso de vela en horario de mañá e a posibilidade de organizar diferentes actividades en horario de tarde para as persoas usuarias.

    Esta actividade permite ter unha programación combinada que inclúe vacacións, lecer e deporte nunha mesma oferta.

    IPF

     

    Disfrutando das Rias Altas en Gandario

    15 Xuño, 2015  |  Actualidade  |   nuri

    Os usuarios do CRD Mos disfrutaron de 4 dias de ocio nun dos albergues xuvenís accesibles da nosa comunidade. Tratase do Albergue Xuvenil de Gandario no municipio de Bergondo.

    A instalación é un recinto natural de 50.000 metros cadrados situado á beira da praia de Gandarío, con amplas zonas verdes, instalacións deportivas, laboratorio de aula-mariña, salón de xogos, museos de bioloxía mariña e de arte xuvenil, salas de xuntanzas, zona de acampada con servizos e cafetería.

    Seguir

    O C.R.D-MOS PARTICIPA NUNHA NOVA EDICIÓN DO MERCADO SOLIDARIO “DE BOA MAN”

    1 Xuño, 2015  |  Actualidade, Artesanía, Coiro  |   nuri

    Esta semana comeza unha nova campaña da tradicional mostra de artesanía solidaria “DE BOA MAN”, situada, como vén sendo habitual, na rúa Príncipe de Vigo os días 2, 3, 4 e 5 en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. As entidades participantes venderán os traballos realizados polos seus usuarios nunha carpa instalada para a ocasión. Alí poderedes atopar os productos dos nosos talleres de Manualidades, Reciclaxe e Artesanía en Coiro, ou contactar co centro para realizar encargos personalizados.

     

    Nesta cafetería como todos os días

    28 Maio, 2015  |  Actualidade  |   nuri

    Toda a mañá vimos aquí trinta minutos a descansar.

    Terapia Ocupacional

    28 Abril, 2015  |  Actualidade  |   nuri

    Nesta clase pasámolo moi ben pois os profesionais deixanos ser nós mesmos e así loitar polos nosos soños ata cumplilos.

    Páxina 4 de 16« Primeira...23456...10...Última »