Artesanía

    O C.R.D-MOS PARTICIPA NUNHA NOVA EDICIÓN DO MERCADO SOLIDARIO “DE BOA MAN”

    1 Xuño, 2015  |  Actualidade, Artesanía, Coiro  |   nuri

    Esta semana comeza unha nova campaña da tradicional mostra de artesanía solidaria “DE BOA MAN”, situada, como vén sendo habitual, na rúa Príncipe de Vigo os días 2, 3, 4 e 5 en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. As entidades participantes venderán os traballos realizados polos seus usuarios nunha carpa instalada para a ocasión. Alí poderedes atopar os productos dos nosos talleres de Manualidades, Reciclaxe e Artesanía en Coiro, ou contactar co centro para realizar encargos personalizados.

     

    COGAMI volve á Travesía

    26 Abril, 2012  |  Actualidade, Artesanía  |   mos

    COGAMI está de volta no C.C da Travesía de Vigo para venda dos seus productos artesanais. Se non sabedes que agasallar polo dia da nai, non dubides en acercarvos e ver todolos productos. A tenda estará aberta ata o 5 de Maio de 10:00 a 22:00. Se non tedes tempo podedes visitar a nosa tenda online na nosa paxina web COGAMI PONTEVEDRA ou na TENDA ONLINE