Coiro

    O C.R.D-MOS PARTICIPA NUNHA NOVA EDICIÓN DO MERCADO SOLIDARIO “DE BOA MAN”

    1 Xuño, 2015  |  Actualidade, Artesanía, Coiro  |   nuri

    Esta semana comeza unha nova campaña da tradicional mostra de artesanía solidaria “DE BOA MAN”, situada, como vén sendo habitual, na rúa Príncipe de Vigo os días 2, 3, 4 e 5 en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. As entidades participantes venderán os traballos realizados polos seus usuarios nunha carpa instalada para a ocasión. Alí poderedes atopar os productos dos nosos talleres de Manualidades, Reciclaxe e Artesanía en Coiro, ou contactar co centro para realizar encargos personalizados.