A NOSA HISTORIA
O Centro de Recursos de COGAMI-Mos nace vinculado ó proxecto CEGADI no ano 2001, coa intención de ser un recurso para a integración das persoas con discapacidade gravemente afectadas.
Unha vez que o “Proxecto CEGADI”se traslada á capital, o centro reformula o seu fin, centrándose nas necesidades do seu entorno máis próximo, sen deixar de manter unha visión integral dos servizos da entidade.
O Centro de Recursos de COGAMI-MOS pretende dar resposta ás necesidades e demandas dos/as usuarios/as da entidade recollidas a través dos seus servizos. Coordinadamente co SIL e o departamento de Traballo Social, deséñanse as accións, servizos e actividades do Centro. Hoxe, COGAMI ten recollidos na área de Vigo, preto de 3.700 demandantes de servizos, fundamentalmente a través do departamento de Formación e Emprego.
O CAMIÑO
Iniciouse a actividade, no ano 2002, cunha aula de educación de adultos e outra de informática.
…E SEGUIMOS CAMIÑANDO
En setembro de 2002 deuse de alta parte da cesión dos espazos como Centro de Formación Ocupacional, homologándose a especialidade de Empregado de Oficina.
PASIÑO A PASIÑO
Posteriormente, fóronse ocupando novos espazos dedicados fundamentalmente a ampliar os recursos dispoñibles para os programas de Apoio áIntegración e Formación de Adultos.
A ACTUALIDADE
Na actualidade o Centro conta cos seguinte recursos e actividades:
- Recursos de Formación Profesional.
- Programa de Educación e Obradoiros Prelaborais.
- Mantemento da Saúde.
- Voluntariado.
- Transporte Adaptado.
- Accesibilidade.