Novas

    Tenis sen obstáculos

    27 Xuño, 2011  |  Actualidade  |   mos

    O pasado día 17 de Juño un amplo grupo de Cogami asistimos, en Cambre, a unha xornada de tenis adaptado.

    O día resultou moi frutífero xa que todos disfrutamos dunha exhibición de tenis adaptado e incluso puidemos poñernos na pel destes xogadores, probando o noso “toque de raqueta”. Aquí deixamos unhas fotos.

    Seguir

    O paraiso en Gandario

    13 Xuño, 2011  |  Actualidade, Fotografía  |   mos

    O pasado 3 de Xuño un grupo do C.R.D. Mos participou, xunto con Vontade, nunha actividade de convivencia e lecer. O lugar elexido foi Gandarío, na provincia da Coruña. Durante catro días disfrutaron  de diversas actividades como visistas ó Acuario e ó Domus, tardes de praia, paseos, charlas ó aire libre e festas nocturnas.

    A experiencia foi positiva xa que fomentou a relación entre os compañeiros e do grupo en xeral. por outro lado tamén brindoulles a oportunidade de gozar do seu propio tempo de descanso e relaxación, así como de momentos de lecer e diversión.

     

    Seguir

    Asociación Galega de Linfedema AGL

    28 Maio, 2011  |  Actualidade  |   mos

    Asunto: Aviso de reunión de afectados de Linfedema en Vigo.

    A Asociación Galega de Linfedema –AGL quere comunicar que ten organizada una reunión informativa para o seus socios e para afectados e familiares de persoas con linfedema da zona de Vigo. Seguir

    No rendirse jamás

    9 Maio, 2011  |  Actualidade, Relatos e poesía  |   nuri

    En este caminar me preguntaba… ¿qué me espera al llegar a mi destino?; aunque, mientras hacia el camino, percibí que mis pasos y mi destino se iban encontrado.  Cuando finalicé, caí en la cuenta de que mi destino lo iba haciendo por la senda, el objetivo era “llegar y de vuelta a empeza”; el camino sólo era una prueba a seguir caminando y, aunque se caiga, siempre hay que volver a caminar, y no rendirse jamás.

    Rosa (superviviente)

    Pasiño a pasiño COGAMI foi facendo o camiño

    27 Abril, 2011  |  Actualidade  |   mos

    O pasado 12 de Abril, os usuarios do CRD-Mos comenzaron a súa épica aventura polo camiño de Santiago. Dende Arzúa partiron na súa viaxe os 16 usuarios, 5 profesionais, 4 volunarios e 1 acompañante que durante 4 días foron atravesando bosques, carreteras, ríos, pedras, buracos… ata chegar a Catedral, completando así os 40 km que os separaba do seu destino.

    Seguir

    Carnaval pirata

    6 Abril, 2011  |  Actualidade  |   alumnos1

     

    O pasado 4 de Marzo l@s usuari@s do C.R.D. COGAMI-MOS participaron, por segundo ano consecutivo, na festa de carnaval celebrada polo Concello de Mos no polideportivo As Pozas deste mesmo municipio, á que foron invitados a través da concexalía de Cultura, da mesma forma que outras entidades de arredores.

    Esta vez, preto de 30 membrosdo grupo  disfrazáronse de piratas, con atavíos  realizados por eles mesmos nun dos talleres do centro, organizado para a ocasión. Nel, tamén tivo lugar a elaboración dunha “copla pirata”, inspirada nun poema de Espronceda, nunha cancion de Joaquín Sabina, outra de Melendi, e unha retahíla infantil.

    O acto transcorreu de tarde e, segundo moitos dos asistentes, “estivo entretenido e divertido”. Primeiro fixose un desfile, onde moitos espontáneos tiveron a oportunidade de lucir os seus estupendos disfraces e mostrar a súas mellores poses. Deseguido, a nosa tripulación deleitou a todo o público alí presente coa súa ”copla pirata”, guiados polo capitán “Ivan o terrible”. E despois, aínda quedou tempo para gozar en boa compañía compartindo musica, baile e un gustoso refrixerio, como obsequio a todas as persoas alí presentes. 

    Seguir

    Carnaval en Ribadelouro

    6 Abril, 2011  |  Actualidade  |   alumnos2

     

    Os carnavais de 2011 trouxeronnos unha novedade, é que os usuari@s de Vontade e Cogami-Mos tamén celebraron as festas tan señaladas xuntos. O día 7 de Marzo, ambas entidades uniron esforzos para celebrar outra orixinal “xuntanza” de carnaval. O lugar escollido foi a Casa Cultural de Ribadelouro, local amablemente cedido poe esta parroquia do Concello de Tui. Seguir

    3ª Edición “Quérote+” no C.R.D-Mos

    6 Abril, 2011  |  Actualidade  |   alumnos3
    Por terceiro ano consecutivo, e en colaboración co centro QUÉROTE+, quince de l@s usuari@s de Cogami-Mos foron beneficiari@s do desenvolvemento dun novo Programa de Afectividade e Autocoñecemento, a petición de tod@s l@s que tiveran a oportunidade de participar en convocatorias anteriores.

    Grupo de usuarios del C.R.D-Mos en las charlas de Quérote

    Esta vez, os contidos distribuíronse en catro sesións, comprendidas entre o mércores 16 de Marzo e o Luns 4 de Abril, que tiveron lugar nas instalacións da E.D.D. (Escola do Día a Día) pertence a entidade de Mos. E as xornadas de formación leváronse a cabo unha vez por semana con 2 horas de duración e, ao finalizar cada sesion, deixouse un espazo de tempo para atender casos individuais.
    Os temas tratados, de forma mais ou menos directa, foron os seguintes:
    16 de Marzo, Gústate: sobre os coñecementos previos sobre sexualidade adquiridos en intervencións anteriores; os modelos sociais de estética e imaxe; a autoestima; e a minusvalidez e o éxito social.
    23 de Marzo: Relaciónate: tratáronse os temas de relacións coa sociedade: espazos, tipos; as novas tecnoloxías e ferramentas de relación; as habilidades sociais e a asertividad nas relacións persoais.
    30 de Marzo: Hábitos saudables: afondouse en que son “hábitos saudables”; pero tamén se abordaron emocións; e o exercicio como posibilidade e non limitación.
    4 de Abril: Saíndo á rúa: nesta última sesión abordouse a temática da sexualidade e a minusvalidez, así como as habilidades sociais.
    E, a pesar de non ter aínda os resultados da valoración formal, resulta evidente que, unha vez máis, o programa foi do agrado dos asistentes; debendo facer destacar ou dinamismo, naturalidade e bó humor dá responsable do mesmo este ano.
     

    Seguir

    15 persoas con discapacidade aprenden a ir de compras no centro gran vía de Vigo

    30 Marzo, 2011  |  Actualidade  |   mos

    O xoves, 31 de marzo, ás 10:00 horas, un grupo de persoas con discapacidade do Centro de Recursos que a Confederación galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten  en Mos vai de compras ao centro comercial Gran Vía de Vigo, situado na Baixada do Castaño. Esta actividade forma parte dun obradoiro de habilidades na vida diaria a través do cal 15 persoas con discapacidade aprenden a ser máis autónomos/as, a desenvolverse en calquera das facetas cotiás da vida.

    Durante esta xornada, os 15 integrantes deste curso de habilidades da vida diaria van poder gastar ata 1.000 euros en produtos de cociña, comida, pequenos electrodomésticos e outros útiles do fogar que sexan válidos para o taller que se desenvolve nunha antiga vivenda que lle foi cedida a COGAMI polo Ministerio de Sanidade. Seguir

    Usuarios de Cogami en Mos expoñen no Centro Comercial Gran Vía artesanía en coiro

    14 Marzo, 2011  |  Actualidade  |   mos

    As alumnas e alumnos que a diario acoden ao obradoiro de coiro do centro de recursos que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten en Mos, mostran os traballos realizados por eles.

    Dende o 14 e ata o 18 de marzo, terán un punto de venda habilitado no centro comercial Gran Vía de Vigo e que estará aberto en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16.30 a 20.30 horas. Neste espazo estará expostos os traballos artesanais que realizan en coiro, sendo estes de tipoloxía diversa como axendas, xoias, bolsos, chaveiros, marcapáxinas,… en fin, un variado de produtos, todos eles realizados por persoas con discapacidade.

    Os cartos que obteñan da venda destes produtos que se van expor, van servir para seguir comprando máis material e, por conseguinte, poderán seguir aprendendo e mellorando as súas habilidades co coiro. Seguir

    Páxina 16 de 17« Primeira...10...1314151617