Área de accesibilidade

    Dende COGAMI, a loita pola implantación dunha accesibilidade Universal en tódolos marcos sociais foi, dende o seu nacemento, un punto fundamental É desta maneira como a área de accesibilidade inicia un labor social a favor das persoas con discapacidade e familias, prestando os seguintes servizos:

    1. Servizo aos usuarios

    Preséntase como un servizo gratuíto seguindo as directrices de COGAMI de colaborar activamente na accesibilidade dos fogares galegos.
    Como mellora no servizo, elabórase un seguimento de calidade consistente en tres fases:
    1.   Detección de barreiras arquitectónicas mediante a visita ao inmoble.
    2.   Análise de datos contrastándoos coa normativa vixente en materia de accesibilidade.
    3.   Corrección do contorno mediante un informe e plano a escala das reformas a realizar.

    2. Área de Sensibilización en materia de Accesibilidade

    A Área de Sensibilización traballa no contorno da divulgación das características xenéricas das persoas con discapacidade –principalmente física, pero tamén indirectamente sensorial e intelectual-, na difusión do concepto das barreiras sociais e físicas e a necesidade de suprimilas progresivamente. Por tanto, organízanse charlas e conversas nos centros docentes, e no ámbito profesional e administrativo

    3. Área de Accesibilidade en Mos

    Dende o área de accesibilidade de Mos préstase un servizo gratuíto de proxectos de adaptación de vivendas, postos de traballo e empresas. Asesórase en canto a accesibilidade na comunicación.
    Por outro lado fanse proxectos para distintos entes públicos e privados e anímase a corrixir as barreiras denunciadas polos usuarios.

    acceso por medio de rampla e escaleiras de madera a un edificio de pedra co mesmo punto de chegada cunha "a" suliñada sobreposta a varanda da imaxe

    Comentarios pechados.