Voluntariado

    Voluntariado
    O voluntariado é unha forma de participación organizada da poboación na solución dos problemas que afectan a sociedade, mediante a asunción dun compromiso. Toda persoa que decida colaborar en accións solidarias, ten que facelo adquirindo un compromiso cunha entidade de acción voluntaria, libremente e motivado únicamente por sentimentos de solidariedade.

    ¿Qué significa ser voluntariado?

    Ser voluntario significa establecer un compromiso cunha entidade onde poderías desenvolver unha serie de accións solidarias adicando un pouco do teu tempo e esforzo ás persoas que o necesitan.

    ¿Qué non é un voluntario?

    • Unha persoa que realiza actividades como consecuencia dunha relación laboral, mercantil,… ou que espera recibir a cambio unha retribución económica polo servicio prestado.
    • Unha persoa que realiza actividades illadas, esporádicas ou por razóns de benevolencia, amizade ou boa vecindade.
    • Man de obra barata ou gratuita ca que se trata de cubrir deficiencias das Administracións ou organizacións privadas.

    Fin do voluntariado de Cogami

    Coordinar e promove-la defensa dos intereses das persoas con discapacidade para consegui-la máxima atención social á súa problemática e a súa integración social e laboral na sociedade.

    Servizos

    Campañas de sensibilización e concienciación en temas de discapacidade: campañas nos colexios, institutos, programa “CANG CUNG” de análise das barreiras arquitectónicas no eido das universidades galegas, charlas informativas, xornadas, etc.

    ¿Queres ser voluntario? ¿Quen pode ser voluntario?

    Aquelas persoas comprometidas socialmente que teñan como mínimo 18 anos (ou 16 sempre cunha autorización dos titores) e un máximo sen límite, que contribúan coa súa solidariedade á sensibilización, cambio e progreso na sociedade.

    ¿Queres ser voluntario? ¿Que pedimos?

    RESPONSABILIDADE, non podemos esquecer que ca acción do voluntariado pretendemos eliminar calquera obstáculo que dificulte ou entorpeza o camiño cara a igualdade e, o que é mais importante aínda, estamos a traballar con persoas.

    Comentarios pechados.