Convivencia con Asprodico en Cogami Mos

    Sin comentarios
    7 Novembro, 2016  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: nuri

    O pasado xoves 3 de novembro tivemos unha convivencia cos usuarios da Asociación Asprodico de Ponteareas, aproveitando a decoración da festa do luns, festexamos de novo o Samaín.

    Nesta ocasión a música, o baile e o cante foron os protagonistas.

    Para rematar a xornada comemos todos xuntos e inmortalizamos o momento cunha gran foto de familia.

    Foi unha experiencia moi enriquecedora, gratificante e pola nosa parte queremos volvela repetir.

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.