Agareso e COGAMI galardoados nos Premios Empodera 2012

    Sin comentarios
    18 Xuño, 2012  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: mos

    Os premios Empodera, organizados pola Fundación Cibervoluntarios dende hai tres anos, recoñecen iniciativas nacidas no último ano que realicen un uso social da tecnoloxía, paliando brechas sociais, xerando innovación social e propiciando o empoderamento cidadán.

    Agareso e Cogami  incorporaron en 2012 un taller de radio no que se forma de forma teórica e práctica aos/ás usuarios/as de COGAMI para que coñezan, non só as bases da radio, senón tamén da creación xornalística deste medio, formándose nos diversos xéneros radiofónicos, locución, linguaxe radiofónica, etc. O principal obxectivo é empoderar aos/ás usuarios/as de COGAMI para que poidan realizar os seus propios programas radiofónicos e pezas de audio sen a tutela de Agareso.

    Estes talleres lévanse a cabo a través dun software de videoconferencia, o programa Spontania, que conta con funcións que permiten levar a cabo o taller de radio con maior facilidade. Sabela Íñiguez, técnica de Agareso, é a encargada de impartir a clase de forma presencial no centro de COGAMI en Pontevedra e a través de videoconferencia aos outros centros de Lugo, Mos e Ferrol. Grazas a este sistema lógranse salvar as barreiras físicas e as dificultades de mobilidade inherentes ou condicionantes dunha discapacidade.

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.