Asociación Galega de Linfedema AGL

    Sin comentarios
    28 Maio, 2011  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: mos

    Asunto: Aviso de reunión de afectados de Linfedema en Vigo.

    A Asociación Galega de Linfedema –AGL quere comunicar que ten organizada una reunión informativa para o seus socios e para afectados e familiares de persoas con linfedema da zona de Vigo.

    Día:  Lunes, 30 de mayo de 2011-05-27

    Hora:   17:30 a 19:30

    Lugar:   Instalaciones de COGAMI

    Hospital Psiquiátrico El RebullónVigo

    Asistirán: Juan Manuel Lameiro – Presidente de AGL

    Montserrat Acha Lede – Secretaria de AGL

    Numeros de contacto: 618 307 562 – 650 243 172

    Quen somos?

    AGL-Asociación Galega de Linfedema é unha asociación de carácter benéfico sen ánimo de lucro. Compóñena persoas afectadas por esta enfermidade e as súas/seus familiares. Tamén está aberta a persoas que queiran colaborar ou que teñan interese na patoloxía.

    Que é o linfedema?

    O linfedema é unha enfermidade crónica que afecta a unha ou varias partes do corpo. Maniféstase nun edema que aumenta de xeito progresivo. Pode implicar tanto membros superiores como inferiores, xenitais, órganos internos ou mesmo acontecer de forma estendida, afectando maioritariamente ás mulleres. O linfedema se non se recibe tratamento de redución e mantemento, deriva en grandes desfiguracións e incapacidades.

    DISTÍNGUENSE : Linfedemas Primarios e Linfedemas Secundarios

    O linfedema primario está catalogado dentro das chamadas enfermidades raras ou pouco frecuentes (incidencia de 1/6000). Afecta a membros inferiores fundamentalmente, é máis frecuente nas mulleres e pode aparecer en calquera etapa da vida.

    O linfedema secundario é o máis frecuente, e débese principalmente a un dano nos vasos linfáticos. Os máis comúns son aqueles adquiridos despois de intervencións cirúrxicas, como polo cancro de mama, cirurxía na rexión pélvica; cirurxía na próstata, cirurxía tras unha operación de melanoma. Linfedema tamén pode ser causado polo dano causado pola radioterapia, traumatismos, un parálise, una insuficiencia venosa crónica, un lipodedema etc, estes cando queda danado e bloqueado o drenaxe linfático.

    Un saludo cordial,  AGL – Junta Directiva

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.