Caminando baixo fios de prata

    Sin comentarios
    10 Maio, 2012  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: mos

     Un grupo formado por 18 persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten en Mos quixeron repetir a experiencia do ano pasado e decidiron botarse novamente ao camiño.

    Durante catro días, dende o 1 ao 4 de maio, este grupo percorreu parte do camiño francés que oscila entre os concellos de Sarria e Palas de Rei, sendo uns 42 quilómetros de distancia.

    A primeira etapa do camiño foi Sarria-Lavandeira, logo Lavandeira-Portomarín e na terceira foi Portomarín-Lestedo. Durante a última xornada, percorreron a distancia dende o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro.

    O albergue do Monte do Gozo foi o lugar no que durmiron tralo remate de cada xornada. Levaban un vehículo vasoira que os ía trasladando dende Compostela ata o lugar de inicio da etapa cada día.

    A experiencia gratificante que sentiron o ano pasado tras percorrer a distancia entre Arzúa e a catedral levounos a querer vivila novamente, aínda que nesta ocasión o tempo chuvioso non os acompañou moito durante as etapas.

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.