Carnaval en Ribadelouro

    Sin comentarios
    6 Abril, 2011  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: alumnos2

     

    Os carnavais de 2011 trouxeronnos unha novedade, é que os usuari@s de Vontade e Cogami-Mos tamén celebraron as festas tan señaladas xuntos. O día 7 de Marzo, ambas entidades uniron esforzos para celebrar outra orixinal “xuntanza” de carnaval. O lugar escollido foi a Casa Cultural de Ribadelouro, local amablemente cedido poe esta parroquia do Concello de Tui.

    A elección dos disfraces foi libre, polo que puidemos ver moita variedade e orixinalidade no diseño dos mesmos. E dende cerca das cinco da tarde os asistentes puideron disfrutar da música, baile, e unha boa sesión de karaoke. Non sen chear antes os estomagos cunha rica merenda, resultado das aportacións individuais de cada enmascarado, entre as que se atopaban postres e doces típicos destas fechas como as orellas, chulas e flores do carnaval.

    Visto o visto, non é de estrañar que o carnaval de 2011 deixaronnos moi bó sabor de boca.

     

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.