Carnaval pirata

    Sin comentarios
    6 Abril, 2011  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: alumnos1

     

    O pasado 4 de Marzo l@s usuari@s do C.R.D. COGAMI-MOS participaron, por segundo ano consecutivo, na festa de carnaval celebrada polo Concello de Mos no polideportivo As Pozas deste mesmo municipio, á que foron invitados a través da concexalía de Cultura, da mesma forma que outras entidades de arredores.

    Esta vez, preto de 30 membrosdo grupo  disfrazáronse de piratas, con atavíos  realizados por eles mesmos nun dos talleres do centro, organizado para a ocasión. Nel, tamén tivo lugar a elaboración dunha “copla pirata”, inspirada nun poema de Espronceda, nunha cancion de Joaquín Sabina, outra de Melendi, e unha retahíla infantil.

    O acto transcorreu de tarde e, segundo moitos dos asistentes, “estivo entretenido e divertido”. Primeiro fixose un desfile, onde moitos espontáneos tiveron a oportunidade de lucir os seus estupendos disfraces e mostrar a súas mellores poses. Deseguido, a nosa tripulación deleitou a todo o público alí presente coa súa ”copla pirata”, guiados polo capitán “Ivan o terrible”. E despois, aínda quedou tempo para gozar en boa compañía compartindo musica, baile e un gustoso refrixerio, como obsequio a todas as persoas alí presentes. 

     

     

     

     

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.