cogami inicia en mos curso de ofimática básica para persoas con discapacidade

    Sin comentarios
    1 Febreiro, 2012  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: mos
    •  En 2011 foron 4 os cursos impartidos en Mos
    • 26 dos alumnos lograron un traballo tras finalizar

    A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia o luns día 30 de xaneiro ás 16:30 horas nas instalacións que ten en Mos (Hospital Psiquiátrico do Rebullón Avda. do rebullón s/n Puxeiros) un curso de Ofimática Básica.

    Este curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

    Un total de 15 alumnos/as con discapacidade física, (13 homes e 2 mulleres) formaranse durante 340 horas en contidos como sistema Operativo, tratamento de textos, folla de cálculo, internte, presentacións gráficas e mecanografía.       

    O curso, que remata o vindeiro 1 de xuño, é presencial polo que o alumnado terá que acudir ás clases de luns a venres en horario de 16:30 a 20:30 h. A fin de curso, obterán un diploma acreditativo.

    Durante 2011 COGAMI impartiu 18 cursos de formación profesional nos que se prepararon un total de 252 persoas con discapacidade. Catro destes cursos foron impartidos en Mos e comarca, e neles formáronse 59 alumnas/os. Tras finalizar, 26 persoas lograron un contrato laboral en empresas da zona para desenvolver un traballo relacionado coa aprendizaxe recibida.

    A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na  busca da integración social das persoas con discapacidade. Para conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á posta en marcha de diferentes ciclos formativos (xa sexan de forma presencial ou a través de internet).

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.