Disfrutando das Rias Altas en Gandario

    Sin comentarios
    15 Xuño, 2015  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: nuri

    Os usuarios do CRD Mos disfrutaron de 4 dias de ocio nun dos albergues xuvenís accesibles da nosa comunidade. Tratase do Albergue Xuvenil de Gandario no municipio de Bergondo.

    A instalación é un recinto natural de 50.000 metros cadrados situado á beira da praia de Gandarío, con amplas zonas verdes, instalacións deportivas, laboratorio de aula-mariña, salón de xogos, museos de bioloxía mariña e de arte xuvenil, salas de xuntanzas, zona de acampada con servizos e cafetería.

    Durante a sua estanza visitaron Betanzos. Unha das visitas foi o Parque do Pasatempo.

    A construción deste xardín, custeado e deseñado por don Juan García Naveira, iníciase entre 1893 e 1895.

    Foi concibido como parque enciclopédico, ao modo da época, e víronse plasmadas nel as vivencias que este indiano (emigrante a América), adquiriu nas súas numerosas viaxes, conseguindo convertelo nun vehículo de comunicación cultural cos seus paisanos.

    Independentemente do transfondo social, intelectual e espiritual que representaba o Pasatempo, tiña, tamén, un fin eminentemente económico, destinado ao beneficio das clases máis desfavorecidas de Betanzos; así, proporcionaba traballo ás persoas desocupadas e diñeiro ao Asilo García Irmáns.

    A través dun paseo de árbores chegábase á porta principal. O primeiro que atopabamos era a casa-despacho de billetes, onde se podía adquirir o billete de entrada e postais do parque. Seguindo pola Avenida dos Emperadores (este nome viña dos bustos, en mármore, de emperadores romanos sobre pedestais de cemento que a engalanaban), podiamos ver a Fonte das Catro Estacións. Nesta zona, hoxe desaparecida, a auga era a protagonista e un grande estanque ocupaba a parte central; era o denominado Estanque dos Papas debido a que a balaustrada que cerraba e percorría o perímetro, consistía nunha colección completa, feita en cemento, de todos os papas, dende San Pedro a Pío X. O atractivo deste lugar do xardín estaba constituído por numerosas fontes como a de Neptuno, a da Industria e o Progreso ou a de Florentina; un parque zoolóxico, o xardín dormitorio (copia en mirto do propio dormitorio de don Juan e a súa esposa) e outros elementos.

    O Pazo de Mariñán foi outro dos lugares de visita. Todos eles disfrutaron da visita dun dos pazos máis emblemáticos de Galiza. As orixes do pazo están nunha fortaleza militar mandada edificar no século XV por Gómez Pérez das Mariñas, que recibíu por concesión do rei de Castela, Juan II, o señorío vitalicio das Mariñas no século XV. Gómez Pérez casou con Teresa de Haro, pertencente a unha familia da nobreza vizcaína. Os sucesivos donos e señores do pazo emparentaron con diversas familias nobres galegas: os Ribadeneira, Lemos, Oca e Suárez de Deza; éstos últimos posuían a Casa de Láncara en Lugo, e deste modo foron fusionadas a Casa de Mariñán e Láncara.

    Do século XVIII (cando se construiron os suntuosos pazos galegos) datan as dúas escalinatas do Patio de Armas, e a que descende ós xardíns, adornadas con remates e esculturas labradas en granito.

    Os xardíns de escola francesa están formados con mirtos recortados, debuxando complicados encaixes de precisas xeometrías. Destacan árbores de especies raras e exóticas, entre as que se atopa un pequeno bosque de eucaliptos, que foron dos primeiros en chegar a Galicia, da man do obispo de Nova Nursia (Australia), Frei Rosendo Salvado.

    Hai fontes nas que se misturan elementos barrocos e neoclásicos de estilo compostelán.

    Xa en Sada destacamos a visita aos barrios de pescadores. O Barrio de Fontán é un dos barrios máis coñecidos. Barrio marinero situado no alto da vila e frente ao porto que leva seu nome. Fontán destaca polas suas estreitas e irregulares ruas. Ainda que a Fontán se lle reconoce polo seu colorido, orixinalmente a mayoría dos muros pintabanse de branco só a carpintería dos marcos e balcons era as que se teñían de cor. grazas as pinturas que sobraban dos barcos.
     
    E ainda que o tempo non acompañou, os usuarios e profesionais do CRD Mos disfrutaron de praia, de compras no feiron de Sada que se celebra tódolos sabados e tamén de saidas nocturnas ao centro de Sada.
     
     
    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.