Exposición fotográfica de Usuarios COGAMI-MOS

    Sin comentarios
    24 Novembro, 2010  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: mos

    Curso fotografía

    Este xoves, 25 de novembro, ás 12:00 horas no 2º andar do Centro Comercial Gran Vía de Vigo (Baixada do Castaño) usuarios/as do centro de recursos de COGAMI-Mos inauguran a exposición “Obradoiro de Fotografía”, unha visión normalizada sobre a discapacidade e a vida cotiá deste colectivo.

    A montaxe fotográfica recolle os traballos de persoas con discapacidade que durante un mes participaron nun taller que lles impartiu as primeiras nocións do manexo dunha cámara dixital.

    Durante esta inauguración estarán presentes o Presidente da Federación COGAMI-Pontevedra, Ángel Holguera, o Vicepresidente da deputación de Pontevedra, José Juan Durán Hermida, o Xerente do Centro Comercial Gran Vía, Fernando Pinto, ademais do alumnado que formou parte deste proxecto.

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.