festa de samaín en Cogami-Mos

    Sin comentarios
    7 Novembro, 2016  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: nuri

    O pasado luns 31 de outubro celebramos no centro a festa do Samaín. Comezamos coa decoración días atrás, enchemos as instalacións de cabazas, morcegos, arañas, bruxas pantasmas e demais entes terroríficos.

    Tamén preparamos un tétrico escenario photocall para inmortalizar o evento.

    O longo da xornada tivemos múltiples actividades: concurso de cabazas, elaboración propia e de gustación de deliciosos aperitivos sanguentos; taller de maquillaxe; chistes, monólogo e narración de historia de medo.

    A guinda final foi cinema-terror coa proxección do filme “La novia cadáver”

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.