Usuarios de Cogami en Mos expoñen no Centro Comercial Gran Vía artesanía en coiro

    Sin comentarios
    14 Marzo, 2011  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: mos

    As alumnas e alumnos que a diario acoden ao obradoiro de coiro do centro de recursos que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten en Mos, mostran os traballos realizados por eles.

    Dende o 14 e ata o 18 de marzo, terán un punto de venda habilitado no centro comercial Gran Vía de Vigo e que estará aberto en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16.30 a 20.30 horas. Neste espazo estará expostos os traballos artesanais que realizan en coiro, sendo estes de tipoloxía diversa como axendas, xoias, bolsos, chaveiros, marcapáxinas,… en fin, un variado de produtos, todos eles realizados por persoas con discapacidade.

    Os cartos que obteñan da venda destes produtos que se van expor, van servir para seguir comprando máis material e, por conseguinte, poderán seguir aprendendo e mellorando as súas habilidades co coiro.

    Xa vai para seis anos que o centro de recursos de Mos iniciou o obradoiro de traballo en coiro. As dez persoas con discapacidade que acoden a diario non só o fan por aprender a traballar a materia prima, tamén o fan porque lles supón, ademais de poder establecer relacións de amizade cos compañeiros como así é, o traballo manual que realizan élles moi positivo para mellorar as habilidades de psicomotricidade fina.

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.