Vontade e Cogami-Mos alíanse para a celebración do entroido 2011

    Sin comentarios
    23 Febreiro, 2011  |  Categoría: Actualidade  |  Autor: mos

    Na tarde do vindeiro luns 7 de Marzo  os grupos de usuarios do centro de Vontade (Guillarei) e Cogami-Mos celebrarán a festa do entroido. Os participantes acudirán a un establecemento prestado, pola Casa Cultural de Montes de Ribadelouro, á primeira das entidades mencionadas. Nesta, coma noutras ocasións, todos terán a oportunidade de aportar á festa o seu gran de area. Como condición indispensable,  haberá que acudir vestido coas galas  “carnavalescas” preferidas; posteriormente terá lugar a celebración dun banquete común, onde os asistentes que queiran poderán compartir as súas ledicias, bebidas e postres típicos destas datas.

    entroido 2011

    Publicado en Actualidade.
    Copiar permalink.

    Comentarios pechados.