Arquivos do autor: alumnos3

    3ª Edición “Quérote+” no C.R.D-Mos

    6 Abril, 2011  |  Actualidade  |   alumnos3
    Por terceiro ano consecutivo, e en colaboración co centro QUÉROTE+, quince de l@s usuari@s de Cogami-Mos foron beneficiari@s do desenvolvemento dun novo Programa de Afectividade e Autocoñecemento, a petición de tod@s l@s que tiveran a oportunidade de participar en convocatorias anteriores.

    Grupo de usuarios del C.R.D-Mos en las charlas de Quérote

    Esta vez, os contidos distribuíronse en catro sesións, comprendidas entre o mércores 16 de Marzo e o Luns 4 de Abril, que tiveron lugar nas instalacións da E.D.D. (Escola do Día a Día) pertence a entidade de Mos. E as xornadas de formación leváronse a cabo unha vez por semana con 2 horas de duración e, ao finalizar cada sesion, deixouse un espazo de tempo para atender casos individuais.
    Os temas tratados, de forma mais ou menos directa, foron os seguintes:
    16 de Marzo, Gústate: sobre os coñecementos previos sobre sexualidade adquiridos en intervencións anteriores; os modelos sociais de estética e imaxe; a autoestima; e a minusvalidez e o éxito social.
    23 de Marzo: Relaciónate: tratáronse os temas de relacións coa sociedade: espazos, tipos; as novas tecnoloxías e ferramentas de relación; as habilidades sociais e a asertividad nas relacións persoais.
    30 de Marzo: Hábitos saudables: afondouse en que son “hábitos saudables”; pero tamén se abordaron emocións; e o exercicio como posibilidade e non limitación.
    4 de Abril: Saíndo á rúa: nesta última sesión abordouse a temática da sexualidade e a minusvalidez, así como as habilidades sociais.
    E, a pesar de non ter aínda os resultados da valoración formal, resulta evidente que, unha vez máis, o programa foi do agrado dos asistentes; debendo facer destacar ou dinamismo, naturalidade e bó humor dá responsable do mesmo este ano.
     

    Seguir